A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Vigo a acción formativa ATENCION SOCIO SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIONS SOCIAIS, co obxectivo de favorecer ou mellorar a empregabilidade dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia.
Acción formativa que capacita para atender á persoa dependente en institucións sociais, con alteracións da súa saúde física, psíquica e social, de tal xeito que a institución social proporcione as carencias socio sanitarias que teña para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno. Esta formación capacita para obter o certificado de profesionalidade de atención socio sanitaria a dependentes en institucións sociais.
O proceso de aprendizaxe será unha combinación de clases teóricas, así como prácticas que se desenvolverán en centros sanitarios ou de maiores, poñendo deste xeito en contacto ao alumnado coa realidade laboral. BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
A duración será de 460 horas lectivas, que se distribuirán en 370 horas de formación teórica, 80 horas de formación práctica, 5 horas dun curso de manipulación de alimentos e 5 horas dun módulo de técnicas de busca de emprego.
MÓDULO 1: Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional . (100h.)
MÓDULO 2: Intervención na atención hixiénico alimentaria nas institucións. (70h.)
MÓDULO 3: Intervención na atención sociosanitaria en institucións. (70h.)
MÓDULO 4: Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións. (130h)
MODULO 5.- Parte Práctica (80h) MÓDULO COMPLEMENTARIO: Curso de Manipulador de alimentos (5 h)
MÓDULO TRANSVERSAL : Técnicas de busca de emprego (5 h)
Do 8 de xullo e ata o 15 de novembro de 2010. HORARIO: De luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h.
Vigo (Pontevedra). Na Rúa Romil, nº 75/77 .
15 alumnos
Totalmente Gratuíto. INCENTIVOS Á ASISTENCIA: Outorgaranse unha axuda de 6 € por cada día de asistencia ao curso, a tódolos asistentes
3 de xullo de 2.010.
Fundación Galicia Emigración Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela formacion@fundaciongaliciaemigracion.es Tel: 981 55 44 63 Fax: 981 55 46 12
(Pinchar aquí)Descargar Formulario
Enviar por Fax ou correo electrónico.