Capacitación Laboral e Integración Social

 Desenvólvense estes Programas coa finalidade de incrementar ou mellorar a empregabilidade, dos emigrantes retornados/as e inmigrantes residentes en Galicia, proporcionando unha formación axeitada ás necesidades do mercado laboral, incidindo nos novos filóns de emprego.
Todas as accións formativas desenvolvidas, incorporan de xeito transversal módulos sobre orientación laboral. Ademais realí­zase un seguimento personalizado do proceso de inserción no mercado de traballo dos participantes, mediante itinerarios individualizados.
 
Accións Formativas:
No ano 2006 desenvolvéronse as seguintes accións formativas:
Formación en Atención a Persoas Maiores:
No momento actual, o sector das persoas maiores, constitúe un dos filóns de emprego en base a demanda dos postos de traballo que se están a producir e estí­mase que se produzan nos próximos anos.
Cursos realizados:
- Curso básico de axuda a domicilio.
Cunha duración de 50 horas, desenvolveuse na localidade de Lugo no mes de novembro de 2006.
- Curso de atención a persoas maiores.
Cunha duración de 70 horas, desenvolveuse na localidade de A Coruña, nos meses de novembro e decembro de 2006.
Módulos de Orientación Laboral
Desenvolvéronse de xeito transversal accións formativas especí­ficas en orientación laboral co obxectivo de capacitar aos beneficiarios das ferramentas que lles posibiliten insertarse no mercado de traballo; ben por conta allea levando a cabo unha búsqueda axeitada e activa de emprego; ou ben por conta propia constituí­ndo a súa propia empresa.
 
Módulos de Coñecemento da Realidade Social e Cultural Galega
Desenvolvéronse accións formativas que proporcionan ferramentas que favorecen
o coñecemento da realidade social e cultural galega, favorecendo a integración
na sociedade.

 
Custo
De balde.
Lugar de celebración:
Comunidade Autónoma Galega.
Programación 2007:
Pendiente de planificación
Entidade xestora:
Fundación Galicia Emigración
Máis información:

formacion@fundaciongaliciaemigracion.com