A Fundación Galicia Emigración co fin de favorecer a inserción laboral dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes na nosa Comunidade Autónoma creou un Departamento de Orientación Laboral. Neste departamento os nosos usuarios atopan a un equipo de profesionais dispostos a asesoralos e orientalos na ardua tarefa de atopar traballo. Esta tarefa é aínda máis dura tendo en conta que os inmigrantes chegan a un país descoñecido para eles o os emigrantes retornados volven a unha Galicia que mudou de forma considerable na súa ausencia.
Co fin de dar unha resposta áxil e eficiente, a Fundación presta este servizo a nivel individualizado e grupal, tanto de forma presencial na sede da FGE como tamén por vía telefónica ou correo electrónico.
Outro dos obxectivos que nos levou a crear este departamento foi a necesidade vixente de acercar a realidade laboral galega e as institucións en materia de emprego aos nosos usuarios facilitando así o camiño a percorrer cara a súa inserción laboral aportando xuizos realistas.
Accións do Servizo
- Información dos recursos existentes en materia de emprego:
- Interrelación con entidades, tanto públicas como privadas, que traballan co mesmo obxectivo na inserción laboral.
- Derivación a outros servizos cando sexa oportuno
- Motivación do usuario
- Servizos de Información profesional e ocupacional
- Posibilidades de promoción
- Inventarios de destrezas
- Itinerarios na organización
- Proporcionar aos usuarios as técnicas de busca activa de emprego:
- Información sobre a busca de emprego no sector privado e público
- Elaboración e revisión do C.V., carta de presentación.
- Preparación da entrevista de emprego
- Valoración e diagnóstico de habilidades/competencias persoais co desempeño laboral
- Formación individual ou grupal
- Reorientación do perfil profesional se é necesario:
- Realización de Itinerarios profesionais individuais, tanto en materia de formación coma de emprego
- Introducir os usuarios nas novas tecnoloxías para a busca activa de emprego
- Bolsa de traballo
- Recepción de ofertas de traballo e casamento das mesmas coa demanda
- Información sobre a accesibilidad dun traballo público ou privado
- No tablón de anuncios por diariamente: ofertas de emprego, cursos...
- Adaptación da información profesional o usuario
- Elaboración dun dossier semanal de ofertas de emprego
Dirixido a:
- Emigrantes galegos e os seus descendentes, que teñan intención de retornar a Galicia
- Emigrantes retornados
- Inmigrantes residentes na nosa Comunidade Autónoma
Custo: De balde
Máis información
orientacion@fundaciongaliciaemigracion.com