O Proxecto INSERMIGRA desenvolve un Programa Experimental en materia de emprego subvencionado por la Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
Este proxecto favorece a inserción laboral de inmigrantes e emigrantes retornados desempregados en risco de exclusión social, residentes na Comunidade Autónoma Galega, a través de diferentes accións:
- Orientación laboral que lles capacite para realizar unha búsqueda axeitada de emprego.
- Capacitación profesional específica (caixeiros/as), impartida por empresas na profesión demandada polas mesmas, onde poderían obter un contrato de traballo.
- Seguemento do seu proceso de inserción laboral dunha forma continuada, a través de titorías individualizadas.
Obxectivos :
- Capacitar a adquisición de habilidades sociais e hábitos prelaborais para dinamizar as capacidades e recursos personais e sociais na búsqueda de emprego.
- Potenciar a autoestima necesaria para realizar unha búsqueda activa de emprego.
- Capacitar profesionalmente aos participantes en sectores de mercado con demanda a nivel laboral.
- Inserir laboralmente alomenos ao 35% dos beneficiarios directos deste proxecto.
- Favorecer a súa inserción laboral mediante o seguimiento continuado.
Duración:
El desenvolvemento temporal está previsto para 12 meses de duración, desde o 1 de outubro de 2.006 e ata o 30 de setembro de 2.007.
Número de participantes:
Neste proxecto estímase que unha vez realizada a acción de información e selección de participantes, haberá un total de 100 beneficiarios directos. De forma directa estímase unha inserción dun mínimo do 35 % dos beneficiarios que finalicen as acción formativas, que equivaldría a 35 persoas.
Coste
As accións formativas e de orientación laboral son de balde
Para máis información:
formacion@fundaciongaliciaemigracion.com