Coñécenos

¿Qué é a Fundación Galicia Emigración?

Somos o froito do compromiso entre a Xunta de Galicia e moitas das empresas e entidades galegas máis relevantes, que dende o ano 2002 traballamos pola mellora da calidade de vida dos/as emigrantes galegos/as, dos/as emigrantes retornados/as e dos/as inmigrantes que residen en Galicia. Dende a Fundación Galicia Emigración, entidade sen ánimo de lucro e declarada como Fundación de interese galego, fomentamos a participación da sociedade galega na acción social, cultural e económica, tendo o noso ámeto de actuación en Galicia e en todos os países onde están radicadas as Comunidades Galegas.

¿Cal é a nosa misión?

Contribuimos a mellorar a calidade de vida dos/as emigrantes galegos/as, emigrantes retornados/as e dos/as inmigrantes, en especial, daqueles en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social. Asimesmo, dende a Fundación Galicia Emigración traballamos para poñer en valor o grande potencial humán que representa a emigración galega.

¿Qué Facemos?

  • Atención Social. A través de diferentes accións como axudas e dotación de recursos a centros de día e residencias, facilitamos atención social aos/ás emigrantes máis vulnerables.
  • Inserción Sociolaboral. Favorecemos a inserción socio-laboral dos/as emigrantes e inmigrantes a través da Oficina de Información e Orientación Laboral e de programas de apoio á inserción no mercado de traballo.
  • Oficina de Información e Asesoría para as Migracións. Facilitamos información e asesoramento legal de xeito presencial, telefónico ou a través da web da Fundación.
  • Cultura Emprendedora. Impulsamos o proxecto GAER (Galicia en Rede) e colaboramos coas Asociacións de Empresarios Galegos do Exterior para desenvolver actuacións relacionadas co emprendemento.
  • Sensibilización Social. Fomentamos os valores de convivencia, interculturalidade e tolerancia entre a sociedade.
  • Difusión Cultural. Poñemos en valor o patrimonio cultural galego no exterior.
  • Análise das Migracións. Estudamos a realidade das migracións.