Formación con compromiso de contratación: Atención socio-sanitaria en domicilio a persoas dependentes - Ourense

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Ourense a acción formativa ATENCION SOCIO SANITARIA EN DOMICILIO A PERSOAS DEPENDENTES, co obxectivo de favorecer ou mellorar a empregabilidade dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia. Ao finalizar esta acción formativo contratarase ao 30% do alumnado.

 

Descrición

Acción formativa que capacita a adquisición de habilidades básicas para a atención en domicilio de persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal desde unha perspectiva física, psíquica, e social.

 

Metodoloxía

O proceso de aprendizaxe será unha combinación de clases teóricas, así como prácticas que se desenvolverán en servizos de atención domiciliaria así como nunha residencia comunitaria.

 

Beneficiarios

Emigrantes retornados e inmigrantes.

 

Programa Formativo

A duración será de 120 horas lectivas, que se distribuirán en 100 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica.

 

Contidos

MÓDULO 1: Atención socio sanitaria a domicilio: Definición e filosofía.

MÓDULO 2: Atencións de carácter persoal para as actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

MÓDULO 3: Atencións de carácter doméstico.

MÓDULO 4: Atencións de carácter psico - social e educativo.

MÓDULO 5: O equipo de traballo: A figura do auxiliar de axuda a domicilio.

MÓDULO 6: Análise das posibilidades de emprego no sector.

MODULO 7: Parte Práctica: prácticas profesionais.

Datas

Do 21 de xuño ao 30 de xullo de 2010.

Horario

De luns a venres, de 10:00 h a 14:00 h.

Lugar

Ourense (Pontevedra). Na Rúa Reza, nº 3.

Prazas

15 alumnos

Custo

Totalmente Gratuíto.

Información e inscripcións

Fundación Galicia Emigración

Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela

formacion@fundaciongaliciaemigracion.es

Tel: 981 55 44 63

Fax: 981 55 46 12

Formulario inscripción

Descargar formulario

Enviar por Fax ou correo electrónico, xunto coa documentación necesaria.